Castelao Estaría Feliz

20070308191737-images2.jpg

Con esta frase terminaba o artigo de opinión do profesor da facultade de educación de Ourense e presidente da ASPGP Xosé paz Rodríguez publicado no diario La Regíon o mércores 21 de Febreiro. Cando rematei de ler o artigo “No Día Internacional Da Lingua Materna” non souben se rir ou chorar. Temos que ter presente unha cousa moi importante. Castelao, ¿Como escribía? ¿Escribía coma este señor? Son estudante de 2º de Bacharelato no IES García Barbón de Verín e teño lidas varias novelas de Castelao,de Risco e moitos máis, non escribían deste modo. Galiza sufriu e sufre a marxinación e asoballamento de moitos. Pero, si, claro o reintegracionismo é a solución. Pois non, os moitos que avogamos por unha Normalización lingüistica non nos preocupamos por cal é a orixe do Galego nin por cando se separaron as dúas línguas (Galego e Portugués). O que queremos é que rapazas e rapazes da miña idade (17 anos) non veñan co conto de “Yo no te sé hablar gallego”

Pero eu  só teño eso, 17 anos. ¿que podo decir eu, fronte a un profesor Unversitario? O que si lle podo dicir é que me parece de meniños pequenos o fraco favor que lle están facendo tanto á cultura coma a Lingua. Pero en fin. Vostede máis os seus sigan na súa tónica, que o paso que imos seguro que en vinte anos non existe “Lingua” pola que loitar. Pode que a tendencia reintegracionista, na miña opinión unha corrente esaxerada do Neotrobadorismo, estea no certo. Pero eu non o quero. O Galego que falo é o que meus pais me ensinaron. Vivo a escasos km. Da raia e sei o que é o Portugués e sei o que é o Galego. O que non acabo de entender é que se se pensa que o Galego Normativo está Castelanizado, O Galego-Portugués ¿Non estará Aportuguesado? Non de verdade reflexione esto un intre.

Cáusame admiración tamén a fidelidade cega ós seus precursores reintegracionistas, digo isto porque sei de primeira man que personaxes tan ilustres coma Carballo Calero, no seu recuncho familiar, por falar non falaba nin o normativo. Falaba en Castelán. 

Así que señor meu, despídese de vostede un estudante de 2º de Bacharelato que lle quere decir que non é mellor deixar de depender de Madrid, Para depender de Lisboa. Tamén, penso que Castelao sería feliz se nos vise Vogando  a todos cara un mesmo lado e loitando para que o Galego sexa o que ten que ser. A Língua da Galiza, Non de Portugal

08/03/2007 19:17 Autor: bieitopina. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]